Sunday 12 de May de 2024

O Concello adquire seis cambiadores de bebé para outras tantas dependencias


O Concello de Riveira informa de que dando cumprimento a unha proposición aprobada no pleno ordinario do pasado xaneiro, a xunta de goberno local dou luz verde no día de hoxe á adquisición de 6 cambiadores de bebé co obxecto de seren instalados en distintas dependencias municipais.

Cómpre lembrar que, por maioría absoluta dos membros, a Corporación decidiu aprobar unha moción do grupo municipal Cidadáns instando no seu primeiro punto á colocación de cambiadores en instalacións municipais coa engádega proposta polo grupo do Partido Popular de que a súa colocación non implique a necesidade de realizar obras estruturais.

Así e logo, conforme ao acordo tomado hoxe en comisión de goberno se van adquirir 6 cambiadores de cueiros horizontais con dimensións 39x84x44 centímetros, 6 dispensadores de rollos cubrecamilla e 6 unidades de papel de camilla tisú de 59 centímetros por 100 metros.

Estes elementos irán destinados á Casa Consistorial, Servizos Sociais, CIM, Centro Cultural Lustres Rivas, Auditorio Municipal e Complexo da Fieiteira (a instalación deportiva xa conta actualmente con dous cambiadores).

Esta actuación comportou un investimento de 2.549 euros.